2 Abril 2020. O equipo de investigación independente de "Heuristica", formado por investigadores da Universitat de Barcelona e a Universitat Oberta de Catalunya, destaparon o entramado, establecendo unha conexión directa de cando menos 18 das contas falsas con David Díez Nieto , traballador do equipo de redes sociais do PP de A Coruña, e con José López Puy , militante de Novas Xeracións.

 

Nota de inforxornal: Esta non á a única rede de bots e, de granxa de trols que existe no estado español. Outros comportamentos "de rebaño" obsérvanse en todas as redes sociais amosando nunha inmensa maioría unha recoñecida afinidade por Partido Popular e tamén por Vox. Caracterízanse por tratar de desprestixiar ao goberno e a estructuras básicas estatais, fundamentais nesta crise, por exemplo: Artigos e comentarios que aseguran danos en infraestructuras básicas como agricultura e distribución de alimentos.

 

Para acadar os seus fins caracteríszanse por non dar nunca o seu brazo a torcer nun debate-discusión, tampouco cansan nunca de comentar, sempre terán a última palabra, dar respostas curtas e efectistas aínda que non garde relacción cos seus anteriores comentarios, ou desviar a atención sobre noticias que non lles gustan introducindo temas distintos de debate, collendo a parte polo todo, etc, etc o que veñen sendo marcas de persoas adestradas en técnicas de marketing. Na nosa responsabilidade está ser conscientes da existencia deste tipo de trols e "non darlles de comer" = "don't feed the troll", e finalmente non divulgar as "fakes" que orixinan estes comentaristas a soldo mediante empresas de publicidade e marketing.

 

Ler Artigo Completo no Xornal de Vigo

 

Máis información: Así funcionan as Redes da ultradereita en tempos de pandemia