Hoxe Domingo 29 de setembro 2019 aparece publicada en "La Voz de Galicia" unha enquisa de Sondaxe, que pretende ser a primeira en reflexar os votos do recén formado partido de Iñigo Errejón finalmente chamado Más País despois de intensos debates internos. Esta enquisa foi feita entre o 23 e 26 de setembro. Sen embargo cando se fixeron as supostas entrevistas o partido de Errejón aínda non tiña nome. Como é posible que alguén votara por un partido sen nome coñecido?.


Presentación do nome de Más País, 25 de setembro

Enquisa de Sondaxe: Entre o 23 e o 26 de setembro


Cos resultados obtidos de forma dubidosa nesta enquisa de Sondaxe, "La Voz de Galicia" de hoxe domingo 29 non ten pudor ao titular: "El efecto Errejón dinamita el Congreso" e "El PP y Más País los únicos partidos en alza".

O tamaño da mostra da enquisa de Sondaxe é de 1,000 entrevistas, segundo a súa ficha técnica. Con ese número de entrevistas Sondaxe é capaz de asignar 353 deputados do congreso cunha suposta marxe de erro do 3,16%. Como pode ter tal capacidade resolutiva?

En comparación o último barómetro do CIS de Xullo de 2019 realiza 3.000 entrevistas e ofrece só resultados intención de voto en porcentaxe, non asigna os 353 deputados porque para realizar esa análise de forma solvente tecnicamente serían necesarios un número significativamente maior de entrevistas.

En conclusión as enquisas realizadas por estatísticos e outros técnicos para o CIS teñen un aval técnico. As enquisas realizadas por Sondaxe para "La Voz de Galicia" son "ficción estatística" modificando datos a posteriori das entrevistas o que se coñece popularmente como "cociñar os votos".