20 Setembro 2019. O programa "Al Rojo Vivo" de la Sexta volve un e outro día máis a actuar como un "cabalo de Troia" que en realidade pertence á dereita española. O seu presentador e directivo da cadea propiedade de Antena 3, Antonio García Ferreras, continúa na táctica de dinamitar sen pudor calquera negociación para un pacto de goberno de esquerdas, xa non é a primeira vez que o fai xa que foi un dos protagonistas da trama das "cloacas do estado", recordar a historia está ben para que non repetila. Tamén esquecen citar que a ex-alcaldesa Carmena non se presentará.

 

Agora nun novo intento deste programa de televisión para que os partidos da esquerda do estado perdan apoio comeza unha campaña favorable a que Errejón se presente o ás eleccións para o que "inventan "enquisas á carta" e en tempo récord (porque son falsas) co obxectivo de dividir o máis que se poda o voto dos partidos de esquerda.

Hai que enmarcar nesta estratexia de desgaste da dereita mediática boa parte da suposta desafección popular porque haxa unhas novas eleccións xerais. Pois si, señores e señoras, Al Rojo Vivo non é un programa de televisión dende o punto de vista da esquerda, é o programa de televisión que farían os directivos dunha cadea de dereitas para informar aos votantes dos seus rivais políticos que consigan engañar.

Cando se ten en conta que Sexta é un medio de comunicación de "Falsa bandeira", as cousas empezan a cadrar enormemente. A aparición do traidor político por excelencia, Íñigo Errejón, como unha opción que sae da nada, é unha proba máis, a outra táctica clara que van empregar para intentar batir aos partidos de esquerdas é incentivar a desafección política enfocada aos votantes da esquerda do espectro político para promover o descontento social, incentivar a abstención ao tempo que alentar unha suposta recuperación da dereita que as derradeiras enquisas descartan con claridade, e unha táctica máis que previsible para novas edicións de "Al Rojo Vivo".

Por suposto que moitas persoas non queren novas votacións democráticas para evitar o suposto despilfarro de cartos (en realidade é a metade que nas anteriores votacións, pero votar significa dar a nosa opinión, a democracia é votar, e cando non se chega a pactos que garanticen gobernos estables é que hai que facer, sen dramatismos, isto é sempre máis barato e máis rápido que inestabilidade política azuzada por manipuladores mediáticos e que se posicionan contra a democracia das votacións.

Máis Noticias