14 Maio 2019. So un día despois de que o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijoo, reclamase moderación e a volta ao centro político aos seu mesmo partido, nunha sorte de oposición interna, os votantes galegos teñen unha boa resposta do que pasa se se apoia a partidos que traballan contra a Sanidade Pública e a favor dos intereses duns poucos.

 

A realidade dos feitos devolveu a Feijoo ao seu sitio cando os membros do Partido Popular que están pactando o goberno andaluz co partido centralista "Ciudadanos" e o partido ultradereitista VOX anuncian novos recortes no sistema sanitario público de Andalucía despois de valeirar as arcas públicas con recortes de impostos ás rendas máis altas. Todo isto canto antes e sen agardar un intre nin sequera a que rematen as eleccións municipais e europeas do 26 Maio. Os votantes terán a palabra proximamente.

 

Ler Artigo Completo