11 Maio 2019. Pablo Casado ten amnesia postelectoral, agora, unha semana e pico despois das eleccións xerais do 28 de Abril, Pablo Casado esqueceu os seus guiños á ultradereita do PP, chamamentos a que lles deixen a eles os deputados, voutades anti-inmigración e anti-feminismo e agora pretende vender que sempre estiveron no centro político ante os evidentes resultados desastrosos para o PP que lle fixeron obter o seu peor resultado electoral ate o momento tanto en España como en Galiza.

 

Sen embargo, e a pesar de que os xornais convencionais sempre afirman que o votante non se acorda de nada, que é unha marioneta que non ten memoria nin consciencia, nós afirmamos que iso so é unha pequena parte dos votantes, a gran maioría acordámonos, e vaia si nos acordamos, das privatizacións sanitarias e da sanidade do Partido Popular, das baixadas de salarios (subidas por baixo do IPC, que é o mesmo), baixada final das pensións (o mesmo), etc, etc. Si, eu recordo.

Ler Artigo Completo