28 de Maio 2020. 107 asociacións e colectivos galegos veñen de formar, hai menos dun mes, o grupo de traballo denominado "Alerta Ambiental Galega", que nace como resposta ao acordo do Consello da Xunta do xoves 30 de abril do 2020 (DOG deste 4 de maio) no que se aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de avaliación ambiental de 975 proxectos perxudiciais para o medio ambiente que estaban paralizados polo Real Decreto que declarou o Estado de alarma.



Os colectivos de "Alerta Ambiental Galega" presentaron Recurso de Reposición fronte a Orde da Consellaría de Medio Ambiente, do 27 de abril, e fronte a Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 5 de maio de 2020. E solicitan a suspensión cautelar de ambas Ordes da Xunta por contravir o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo do 2020, que declara o Estado de alarma, que establece a suspensión dos termos e dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público.

 

Máis información