8 Abril 2020. Persoas maiores positivas por Coronavirus compartindo habitación con negativos, roubos do "escaso" material protección, que os xestores reparten aos traballadores en función de simpatías persoais ... Son só algún de os exemplos da gravidade da crise sanitaria na residencia de maiores DomusVi Cangas. Tamén acaba de coñecerse que DomusVi Compostela ten 5 mortos e 82 infectados por COVID-19.

 

Éstes escándalos de neglixencia con resultado de morte nas residencias de maiores DomusVi de Cangas, Vigo e Santiago son unha total traxedia. O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o seu Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, son os máximos responsables directos da xestión do maior desastre de mortes e corrupción do sistema sanitario galego. A cadea de residencias privadas, pero baixo paraugas público, DomusVi, pertence aos fondos de inversión ICG e SRS que son vehículo de inversión de Yves Journel, unha das maiores fortunas de Franza. Este desastre lonxe de rematar continúa con novos horrores, cada unha das noticias que destacamos en "Máis información" constitúen feitos de gravísima neglixencia.

Alomenos DomusVi Santiago foi construida con cartos públicos durante goberno bipartito (PSOE-BNG) baixo o Vicepresidente Anxo Quintana e posteriormente foi privatizada sendo presidente Núñez Feijoo a esta sociedade, DomusVi, propiedade de fondos de inversión franceses e británicos.

 

Ler Artigo Completo

 

 

Máis información recente sobre as residencias DomusVi en Galiza:

 

DomusVi Cangas agacha as mascarillas aos seus anciáns durante unha desinfección do exército

 

Morren outros cinco maiores en DomusVi Santiago e dous máis en DomusVi Cangas

 


DomusVi Santiago ten 82 usuarios con coronavirus e familiares piden a intervención da Xunta