Preocupante, Galiza acada onte os +450 casos novos diarios de Coronavirus COVID-19, un novo pico máximo da pandemia ate o momento, o que fai prever unha maior presión para o sistema sanitario galego alomenos nos próximos 15 días. Sen embargo o actual presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijoo, non parece darse por enterado,

a súa xestión no tema dos respiradores é neglixente, non se poden donar a materiais esenciais que fal falta nunha crise inminente. Os respiradores xa  fan falta escasas horas despois en Ourense para salvar a vida dos cidadáns aos que vostede está "legalmente" comprometido a salvaguardar e defender. É a súa obriga legal.

Pero isto foi onte 28 de Marzo, hoxe tampouco toca defender aos cidadáns galegos: Os próximos días en Galiza van ser complicados dende o punto de vista sanitario porque estamos preto do máximo diario de novos casos. Onte Galiza foi a comunidade autónoma con maior crecemento porcentual de casos novos no estado español (+19%).

Dende infoxornal.com informamos dende hai dous días da necesidade do peche da actividade económica non-esencial, hai que engadir "de xeito temporal", porque a evolución do número de novos casos é demasiado elevada día tras día e, iso indica que hai que endurecer medidas, o que convirte ao estado español nunha das zonas máis afectadas, de momento, polo Coronavirus COVID-19. En número de casos por habitante

Sen embargo, Alberto Núñez Feijoo parece que está facendo outros cálculos:

Como non coñece en detalle as medidas concretas do goberno español, entón públicamente oponse a elas:


"el mandatario gallego ha mostrado su "preocupación" por "desconocer con detalle" en qué consiste esta nueva medida del estado de alarma"



Isto é inoperancia, non estamos vendo nos últimos días nin prudencia nin responsabilidade por parte do Presidente da Xunta de Galiza, é necesario que cambie de rumbo, polo menos non reste e póñase a traballar.