28 Marzo 2020. Hoxe en Galiza acadouse un novo máximo de novos casos diarios con +450. Preséntase tamén un resumo estatístico dos novos casos diarios e de número de mortos en Galiza, Portugal, España e doutros países do mundo.

 

GALIZA:

Novo máximo diario de novos casos diarios, +450. En canto a áreas sanitarias destacan os crecementos de Vigo e Lugo. Hoxe hai 3 novas víctimas mortais en Galiza.



Máis información:

Estrella Galicia pagará aos traballadores cos seus recursos propios, sen recurrir a un ERTE, polo menos ate o 31 de Maio.

 

PORTUGAL:

 

Continúa o crecemento de casos diarios +902, e de mortos diarios +24 están ámbolos dous en máximos.



ESTADO ESPAÑOL:

O número de mortos diarios é de +822, novo máximo, nos últimos días a gráfica tende a aplanarse. Os número de novos casos segue alto pero sen chegar ao máximo, +8.189. Isto é coherente con que o punto máximo da crise de saúde pública está situado xusto despois de que o número de casos diarios comece un descenso un descenso inequívoco.

Por comunidades autónomas Galiza é a que ten o maior crecemento respecto a onte co +19,3%, que se corresponden aos +450 casos novos devanditos. Madrid, Asturias, Pais Basco e Navarra son os que teñen menores crecementos porcentuais hoxe.

 

Máis información:

 

Sánchez manda a casa a todos os traballadores non esenciais.


O Ministerio de Sanidade lamenta o cambio de criterio de da Comunidade de Madrid ao contabilizar positivos por coronavirus.



MUNDO:

Estados Unidos: Nova Iorque está a converterse no epicentro mundial da pandemia de Coronavirus COVID-19. Estados Unidos con máis de 122.000 novos casos e +18.000 hoxe, é agora o país do mundo con máis casos e cun maior crecemento en números absolutos.

En Italia continúa a descender o número de casos diarios pero seguen a rexistrarse máximos de mortos diarios con +889. En Alemaña, Franza e Gran Bretaña continúa a aceleración no crecemento de novos casos diarios. A maioría dos países do mundo está atravesando esta fase polo que o crecemento de casos no mundo é agora de +60.000, aproximadamente un tercio deles en Estados Unidos.

En Irán as medidas de confinamento non parecen estar funcionando. O levantamento do confinamento hai unha semana para a celebración do aninovo persa seguramente non contribuiu en nada na eficacia das medidas de illamento social, ao mesmo tempo e por razóns de prezo do petróleo Estados Unidos está a empeorar a situación da poboación con sancións económicas que se endurecen.

En Turquía hai varios días que o crecemento de novos casos está sendo moi alto.

En canto aos países asiáticos cómpre destacar que os países que optaron polo confinamento máis estricto (China) están tendo maiores baixadas de enfermos activos e máis rápido que os países que optaron pola vía: Test-Test-Test, de realización de tests de diagnóstico masivos pero sen confinamento. Deste xeito en Corea do Sur tamén descende o número de enfermos activos pero menos que en China, dia tras dia. Xapón e Taiwan tamén optaron pola vía do Test sen confinamento e o número de enfermos activos medra moi lentamente pero medra todos os días, o que presume que o problema aínda non semella estár controlado de todo a pesar do baixo número de casos totais.

En https://studylib.net/coronavirus no apartado "Details" de cada país, podemos observar as gráficas de enfermos activos en días normalizados contados a partir da hora 00:00 GMT (Greenwich Mean Time) que corresponde á 1:00 da noite hora galega. Deste xeito pódense interpretar máis facilmente os datos básicos.