27 de Marzo 2020. Según o Ministerio de Sanidade confírmase 2.322 casos de coronavirus en Galiza. Malas noticias para o país,  son 407 máis que onte, a maior aceleración da pandemia en Galiza ata o de agora. No estado español sen embargo desacelérase o número de casos novos.

 

GALIZA

 

Novo récord de novos casos acelérase a +407. Polo tanto de momento queda descartado que se chegase ao pico de casos os 3 días pasados. Haberá que agardar máis para saber cando foi o pico máximo en Galiza (Dato epidemiolóxico de gran importancia).

Máis información relevante de hoxe en Galiza:

Feijoo envía a Madrid material sanitario despois de criticar a súa falta na Galiza

A Sanidade privada da as costas a Feijoo

A Xunta repartiu máscaras aos traballadores do 061 só xusto antes da visita de Feijóo

 

 

ESTADO ESPAÑOL

 

Desacelérase o número de casos novos, hoxe a evolución é positiva dentro da extrema gravedade da situación con algúns hospitais saturados, especialmente en Madrid namentras o número de mortos tamén baixa pero seguen sendo ambas cifras moi elevadas, destes datos dedúcese que o máis razonable nestes momentos é endurecer as medidas de confinanento e decretar a parada de máis actividade económica non esencial para que as cifras melloren. Xa se está anunciando nestes momentos esta posibilidade.

 

MUNDO

 

Antonio Costa, primeiro ministro portugués: "A UE ou fai o que ten facer ou acabará".

Duras críticas dos gobernos portugués, español e italiano á negativa aos Coronabonos por parte de Holanda e Alemaña

 

Novos países seguen sumándose ás medidas de confinamento máis estrictas: Por exemplo Panamá antonte.

Boris Johnson da positivo por Coronavirus

Os mexicanos esixen medidas contundentes para os estadounidenses que crucen a fronteira

 

Estados Unidos supera os 100.000 casos positivos por Coronavirus.

Continúa a desaceleración de novos casos en Italia (menos "novos casos" que onte). Continúa sendo moi elevado o numero de mortes diarias.