26 Marzo 2020. Según o Ministerio de Sanidade español hoxe en Galiza sumamos hoxe +262 novos casos de Coronavirus COVID-19. Esta cifra representa o terceiro día cun alto incremento de novos casos pero por baixo do máximo de 293 novos casos ocorrido o 23 de Marzo. Isto pode supor que nos estamos achegando ao pico máximo de novos casos diarios no país. Os próximos días cos datos diarios poderemos confirmalo ou desmentilo segundo a evolución que teñan.

 

NOTA: Os datos da Xunta de Galiza contabilizan hoxe 1832 casos. Inforxornal toma como referencia os datos do Ministerio de Sanidade posto que recoñecen un maior número de casos.

 

 

GALIZA

Por área sanitaria en Galiza constátase un repunte de novos casos en Vigo e Ourense.

 

 

ESTADO ESPAÑOL

 

En canto á distribución e evolución por comunidades autónomas pode verse como hoxe están a darse incrementos importantes máximo hoxe por riba de 8.000 novos casos.

 

 

MUNDO

No mundo según Worldometers.com, a fonte máis utilizada para os datos diarios por países, Estados Unidos podería converterse en poucos días no lugar máis afectado do mundo por riba de China, Italia e España. A súa evolución en canto a novos casos é moi pronunciada especialmente na cidade de Nova Iorque que xa reporta colapsos sanitarios en varios dos seus hospitais. Alemaña e Franza tamén aumentan o número de contaxios. Recordemos que Alemaña tan sequera estableceu confinamento obrigatorio. Italia e España prosiguen en máximos e xunto con Franza son os máis afectados hoxe por Número de Mortos.

 

Estes datos oficiais non reflexan a realidade da extensión da infección, hai países con distintos sistemas de medición e que realizan un número de tests de diagnóstico por habitante moi distintos. Gran Bretaña está claramente infraestimando o seu número de infectados reais namentras que Italia e España teñen un número moi superior de casos detectados o cal non supón que necesariamente que a súa xestión sexa inferior senón todo o contrario xa que estes son os estados que teñen as medidas de confinamento e illamento social máis estrictas de toda a Unión Europea.

 

Máis información:

 

Franza non está a contar a todos os mortos por coronavirus.

 

Alemaña leva retrasos de varios días no conteo de novos casos.

 

Estados Unidos: Artigo de opinión sobre a falta de reacción do presidente Trump.