12 Novembro 2019. Seis meses despois das anteriores eleccións xerais volvéronse a repetir as votacións. En Galiza a novidade é o deputado conseguido polo BNG na provincia da Coruña, o escano será ocupado por Néstor Rego.

 

A nível galego os resultados reflicten que Núñez Feijoo queda lonxe da maioría absoluta, outra vez. A suma de partidos da esquerda PSdeG+Podemos+BNG mantense 117.000 votos por riba da suma de partidos da dereita PP+Ciudadanos+Vox. O que representa un 7.8%, de seguido un breve resumo dos datos:

 

 

Resultados 10N 2019       Votos totais: 1.490.556

 

PSdeG+Podemos+BNG      766,070 votos         O que representa un 51,6% do total de votos          

                                                                                                                                              Diferencia: 7,8%

PP-Ciudadanos-Vox           648.446 votos        O que representa un 43.5% do total dos votos

 

 

A diferencia de votos é favorable aos partidos da esquerda galega por 117.624 votos o que representa un 7,8% máis que os partidos da dereita. Esta diferencia mantense moi estable dende as pasadas eleccións do 28 de Abril que era do 8.3% tamén favorable aos partidos de esquerda.

 

 

Datos eleccións xerais

Nota: Estes datos proporcionados por webs non oficiais NON INCLÚEN os resultados do voto emigrante, nin nestes nin nos de anteriores eleccións.

 

Máis información