3 Setembro 2019. Non foi a organización do partido ultradereitista español VOX quen acolleu a Santiago Abascal en Galiza senón destacados membros do Partido Popular de Pontevedra. Os anfitrións do líder do partido franquista no seu recente tour galego foron Augusto Lomba, Tenente de Alcalde do PP en Oia, e máis Roberto Carrero, voceiro municipal do PP na Guarda, que paradoxicamente están afiliados a outro partido político.

Como pode ser que os promotores de VOX en Galiza, con fotos e artigos de promoción de Santiago Abascal na Voz de Galicia, sexan membros do Partido Popular? Qué responsabilidade teñen? O debate está aberto.

Ler Artigo Completo