28 de Marzo 2020. Mentras que en cidades como París, Londres ou Madrid é imposible sentarse nun restaurante, os locais de comida na capital de Suecia continúan operativos e recibindo clientes. A economía sueca sufrirá un forte golpe, "pase o que pase", afirma Christensen, especialista en Economía Internacional.

Joacim Rocklöv, profesor de epidemioloxía e saúde pública da Universidade de Umea, no noreste de Suecia, considera que a estratexia do goberno "non é prudente".

Engade:

"Creo que deberiamos aprender da experiencia doutros países, pero non obtivemos leccións do que está sucedendo en Italia e España. Deberiamos aprender deles, ser máis estrictos na implementación (de medidas) e asegurarnos de que isto non se convirta nunha catástrofe de saúde pública".

Nota de infoxornal.com: Coas medidas de seguemento estricto de diagnosticados, e sen confinamento, o número de infectados en Suecia segue aumentando día tras día, a un ritmo preocupante, e sen acadar o seu pico máximo dende hai semanas.

Evolución do Coronavirus-COVID-19 en Suecia.

 

Artigo Completo en BBC-Mundo