28 Marzo 2020. Hai dous días o Ministro holandés de Finanzas, o Democristiano Wopke Hoestra, acusaba a Italia, Portugal e España de "non ter aforrrado o suficiente para afrontar a crise do Coronavirus COVID-19" e denegaba xunto con Alemaña e Austria a creación de Coronabonos.  Onte, 27 de Marzo, Holanda solicitaba camas de UCIs aos países veciños. Bélxica, país cun número moi similar de enfermos e mortos por Coronavirus, rexeitou albergar pacientes extranxeiros ate que se acade o pico da epidemia.

 

Os responsables políticos e sanitarios de Holanda teñen protagonizado nos últimos días unha carreira ao despropósito. O Ministro de Finanzas por un lado realizaba rimbombantes declaracións acerca da falta de eficiencia doutros países europeos na crise do COVID-19. Palabras que foron calificadas como "repugnantes" polo Primeiro Ministro portugués Antonio Costa.

Frits Rosendaal, xefe de epidemioloxía clínica do Centro Médico da Universidad de Leiden (Países Baixos) facía unhas declaracións, onte pola mañá, nas que reclamaba que os anciáns demasiado vellos non deben ser levados aos hospitais: "En Italia, a capacidade das UCIs xestiónase de xeito moi distinto. Eles admiten a persoas que nós non incluiríamos porque son demasiado vellas".

 

A primeira hora da tarde varias provincias holandesas solicitaban aos paises veciños que acollan pacientes holandeses nas súas unidades de UCIs (Unidades de Coidados Intensivos) en previsión da saturacións no seu sistema sanitario. Alemaña está tibiamente disposta a axudar a Holanda "sempre que entre dentro das nosas posibilidades", Bélxica pola súa parte rexeita admitir pacientes extranxeiros mentras non se acade o pico máximo da enfermidade.

 

Isto é o que recolleron distintos medios sobre o tema, a partir de aquí a opinión de infoxornal.com:

 

A posición de Holanda seguramente cambiará en pouco tempo ante as gravísimas consecuencias que pode ocasionar o Coronavirus COVID-19 nese país. A falta de solidaridade entre países da Unión Europea queda clara e evidente.

 

Por outra parte, unha posición similar á de Bélxica deberia ter sido considerada polo Presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijoo, dias atrás, ante a petición da presidenta da Comunidade de Madrid Diaz Ayuso do envío de material médico (enviáronse 11 respiradores dende Galiza). Alberte Núñez Feijoo debería agardar a que se acadara o pico de saturación dos hospitais galegos, que é posterior ao pico de novos casos (contaxios), polo tanto, non se trata de insolidaridade senón de ser racionais e buscar o ben común dos cidadáns que te elixen como representante legal e colectivo por enriba doutros intereses. Ofrecer a máxima solidaridade non pode repercutir negativamente no teu propio país de xeito inmediato, ábrese o debate.

 

Ninguén está libre de cometer erros, así que cómpre evitar maiores críticas que a exposición dos feitos que xa se examinarán con detemento máis adiante. Que o Presidente da Xinta tome nota dos datos, para mellorar a súa xestión e, adiante. Onte, 27 de Marzo, foi un novo máximo de novos casos diarios en Galiza, +402, moito máis alto que o anterior, +293, do 23 de Marzo, o cal fai prever necesidades inminentes de novas UCIs e respiradores para os próximos 15 días.