1 Setembro 2019. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón avogou o sábado en Salvaterra de Miño por cambiar a política migratoria europea que non reacciona ante  a violación de dereitos humanos e que miles de persoas morran no mar na busca dun lugar de acollida. Pontón lembrou que na maior parte dos casos de  homes e mulleres que se ven obrigados a fuxir de Africa, fano para fuxir das guerras. Lembra que Galiza tamén viviu o drama humano da emigración e apela a un “cambio de foco” da política migratoria a favor dos dereitos humanos e a solidariedade.

 

Ler Artigo Completo