15 Agosto 2019: A Deutsche Welle (DW), a cadea pública alemana, presenta un sorprendentemente sinceiro documental sobre efectos reais do libre comercio no mundo. Por exemplo, que mediante un tratado de libre comercio Unión Europea-Camerún, as cebolas holandesas véndense en Camerún a prezo debaixo do coste de producción no país africano, inundando o seu mercado e destruindo aos productores locais. Como pode suceder isto a pesar de ser Camerún un país con costes laborais minúsculos en comparación cos holandeses.?

 

Este é un so dos varios exemplos de que o libre comercio non funciona en nos paises desenvoltos do mundo senón é para os sectores nos que ese país é moi competitivo mediante aranceis, subvencións, e política monetaria. O libre comercio como tal (desregulación do comercio) non existe en ningún país do mundo que non sexa un estado fallido e por suposto subdesenvolto. Os países desenvoltos protexen os seus sectores productivos incipientes e poucos competitivos dende o inicio da industrialización. Neste documental pode observarse como o libre comercio é unha falacia xa que nunca se produciu nin se producirá nos grandes países do mundo.

 

Ver Documental Completo