28 Xaneiro 2019. Unha vez máis volvérono facer, os medios de comunicación maioritarios en España (non así algúns medios minoritarios, todo hai que dicilo) comezaron a típica "Fake New" consistente en negar a realidade utilizando a sua potencia mediática que esta sociedade sufre a diario.



As noticias falsas dos medios maioritarios utilizan varias técnicas que é necesario explicar brevemente:

Unha destas técnicas é a falsificación dos debates, así neste caso do golpe de estado en Venezuela veremos como nestes medios se debate entre si Maduro é ou non un Presidente lexítimo, ou se se saltou ou non a constitución venezolana esquencendo que o debate principal debe ser que en tal caso o "autoproclamado presidente" igualmente se salta todas as normas legais e vixentes e, que dar un golpe de estado é suficiente para dar carácter totalmente ilegal e ilexítimo a calquera reivindicación que se pode levar a cabo nunha democracia, por imperfecta que sexa.

Outra destas técnicas mediáticas para expandir falsos debates, noticias falsas, medio-verdadeiras e a xustificación do inxustificable é a potencia mediática. Cando poucos medios dispoñen dun 80% da difusión total de noticias e se poñen de acordo en defender algún asunto que cadra cos seus obxectivos políticos pero que non supera o máis mínimo debate racional (en Venezuela hai un golpe de estado con inxerencia de países terceiros que a democracia non permite nunca) entón a técnica utilizada é a sobresaturación de informacións falsas, medio-verdadeiras e ante todo sen contrastar, fake news de xeito masivo.

Este apabullamento mediático contra a racionalidade (e polo tanto a verdade), podemos chamalo claramente "Manipulación informativa". Debemos enfocar o debate público dende as "Fake News" ate a "Manipulación informativa" un cambio de denominación que nos axuda a entender o problema chamando ás cousas polo seu nome.

En terceiro lugar (e esta é a gran novidade que fai aparición en 2017) son os sistemas de intelixencia artificial para realizar gran cantidade de comentarios, que son programas que asisten na "creación de opinión pública". Temos aqui un gran traballo feito (outra vez a súa raíz está nas técnicas de marketing en Estados Unidos) agora xa hai granxas de bots que comentan automaticamente como humanos e, granxas de humanos que se comportan como bots pagados por comentar en webs ou foros.

Este é un gran dato a ter en conta para explicar a proliferación en internet de comentarios de carácter moi impopular como racistas, antifeministas, etc, fascistas en xeral, que observamos no estado español dende a crise da independencia catalana en outubro de 2017, non se trata, na maior parte, de comentarios de persoas reais senón de granxas de persoas pagadas ou de bots (e algúns estómagos agradecidos que de todo hai), cómpre que estar advertido e telo en conta.

Sen embargo unha vez coñecido o alcance do problema non resulta racional quedarse na simple condena dos feitos observados senón que está na responsabilidade de cada un de nós o deixar de consumir manipulacións informativas de medios fake maioritarios tendo que desprazarnos o máis rápido posible ate as noticias que demostran non deturpar a verdade nas súas informacións.

Outro tipo de información é posible, cómpre empregar tempo buscándoa porque hai boas fontes e entretanto deixar de consumir manipulación informativa de xeito masivo porque de non facelo o prezo será alto, o prezo sería perder a democracia que tanto costou conseguir.