27 Agosto 2019. Entidades ecoloxistas, culturais, veciñais e políticas, e persoas a nivel particular, veñen de constituír a plataforma “Salvemos O Iribio” coa finalidade de defender a Serra do Iribio das obras dun Parque Eólico e das instalacións electromecánicas asociadas, como é a Liña de Alta Tensión "Serra do Oribio". Esta mítica montaña forma parte da Zona de Especial Conservación (ZEC) Ancares-Courel, da Rede Natura 2000.

 Colectivos que forman a Plataforma "Salvemos O Iribio": Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociación Sociocultural O Iribio, Fundación Oso Pardo (FOP), Fundación Uxío Novoneyra, Petón do Lobo, Lugo Animal Save, Anonymous for the Voiceless, Colectivo Capitán Gosende, Asociación Cultural Roxín Rosal, Xuntos por Sarria, Agrupación CulturalErgueitas, Comité de Defensa das Rías Altas, Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza, Rede Galega do Patrimonio, Rede Galega da Educación e Desenvolvemento Rural, Salvemos a Comarca de Ordes, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), Stop Eólicos Paradela e os grupos políticos Anova, BNG, Equo e os Grupos Parlamentarios de En Marea, BNG e Grupo Mixto.

Ler Artigo Completo