11 Outubro 2019. O BNG de Teo ven de denunciar que o Sergas non cubre as ausencias do persoal do Centro de Saúde de Calo, pertencente ao Concello de Teo.
11 Outubro 2019. O BNG de Teo ven de denunciar que o Sergas non cubre as ausencias do persoal do Centro de Saúde de Calo, pertencente ao Concello de Teo.
10 Outubro 2019. O BNG logra o apoio das forzas políticas do Parlamento, -e a abstención do PSOE-, para poñer fin ás balsas de lodos ilegais que, desde fai doce anos, soporta a veciñanza de Sobrado dos Monxes, acordo que tamén contempla a apertura dunha investigación ás empresas xestoras desas balsas que, en teoría, deberían conteñen lodos de depuradoras non aptos para o seu uso como fertilizantes.
29 Setembro 2019. O concello ourensán de Allariz acaba de presentar os menús e tapas que ofrecen máis de 20 establecementos hostaleiros que participan na oitava edición das Xornadas de Carne de Boi de Allariz e que se desenvolverán ata o 13 de outubro.
27 Setembro 2019. Co gallo do Día Internacional da Muller Rural, a Área de Muller e Igualdade do Concello da Pastoriza, propoñemos visibilizar a través da fotografía as nosas mulleres rurais, as do noso concello. Hai moitas profesións que definen a muller rural do século XXI: labregas, gandeiras, enxeñeiras, economistas, veterinarias, mestras, coidadoras, de diversos oficios e profesións..
24 Setembro 2019. O Concello de Teo e veciños das cercanías do proxecto de restauración da canteira da Casalonga en Calo seguen presionando para evitar a construcción dun vertedeiro de Residuos coa escusa de restaurar a canteira.
23 Setembro 2019. O presidente da Deputación de Ourense está obrigado por sentenza firme a anular un concurso polo que promocionou a 69 traballadores. Baltar presentou ata catro recursos e chegou a cuestionar os argumentos do xulgado ourensán -avalados posteriormente polo Supremo e polo alto tribunal galego. Os enchufados deberán retornar ao seu posto de orixe.
22 Setembro 2019. O Servizo de Medio Ambiente do Concello de Monforte procedeu á retirada de 3 niños de Vespa velutina tras a súa localización, na mañá do venres 20 de setembro, no Parque López Suárez desta cidade.
21 Setembro 2019. A Comisión Especializada, composta polos sindicatos, convocou onte unha concentración diante do Hospital Público Xil Casares para denunciar que co traslado da unidade de paliativos para o Hospital Provincial perderanse camas e haberá unha afectación do persoal.
19 Setembro 2019. O Centro de Saúde da localidade luguesa conta unicamente con dous profesionais médicos despois da xubilación este verán dun terceiro e a falta de reposición desa vacante. Cinco asociacións de de veciños emitiron unha solicitude de reunión co titular de Sanidade, Vázquez Almuiña, para abordar esta preocupante situación de perda de calidade asistencial neste concello.