30 Abril 2019. O colectivo A Rula e Daniel González Alén, cronista oficial do Deza, deron conta onte da localización de oito novas estacións de arte rupestre na parroquia de Santa María de Cortegada, no concello de Silleda.
30 Abril 2019. O colectivo A Rula e Daniel González Alén, cronista oficial do Deza, deron conta onte da localización de oito novas estacións de arte rupestre na parroquia de Santa María de Cortegada, no concello de Silleda.
27 Abril 2019. A Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza Vía Galega homenaxeou este venres aos Mártires de Carral cunha ofrenda floral no monumento de Carral en memoria do coronel Solís e dos seus 12 oficiais fusilados en 1846 polo exército absolutista español.
19 Abril 2019. O grupo de investigación Romanarmy, no que participan investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, leva varios anos revolucionando a historia da conquista romana de Galicia. Empregando fotografía aérea e teledetección, combinados con traballos de campo sobre o terreo, levan dende 2015 publicando estudos sobre novos campamentos e afondando no proceso de dominación da Gallaecia, con achados tamén importantes en Asturias e León.
28 Marzo 2019. O barrio de San Pedro será o escenario, entre o venres 29 de marzo e o domingo 7 de abril, do segundo capítulo da SEMANA DA NOVELA NEGRA, unha iniciativa promovida por Libraría Pedreira (Rua do Home Santo 55, Compostela) e que contará cunha serie de actividades arredor deste xénero.
8 Marzo 2019. O eco-feminismo representa o compromisso da mulher com a Terra e também com a vida que nela se desenvolve. Não é somente procurar alimento e abrigo. É garantir que isto vai estar ao alcance de nossa filharada..
Este Venres 25 de Xaneiro de 2019 ás 20:00 horas no Centro Cívico de Ferrol Vello, conferencia e posterior coloquio sobre Benito Vicetto sobre o tema "Galicia e as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal" na súa obra "Historia de Galicia". Moderada polo historiador Ruben Labisbal Pérez. Organizan Medulio e Asociación Cultural Ferrovello antigo.
22 Xaneiro 2019. Este xoves 24 de Xaneiro ás 20:30 na Libraria Bahía de Foz (Avenida da Mariña 40), presentación do libro "Versos Noctámbulos" de Ricardo Seixo, coa actuación musical do grupo Maraxe iniciativa organizada por A Pomba do Arco.