24 Agosto 2019. Membros do Colectivo Patrimonio dos Ancares vimos de comunicar ao Servizo de Xestión Cultural da Xunta de Galiza a existencia dunha pena cuns máis que interesantes petróglifos no concello de Láncara. A súa descuberta débese ao veciño da Veiga de Anzós, Xoán Carlos Laxe, quen os localizou na primavera do ano 1986. A pesares de que o achado o puxo daquelas en coñecemento de varios organismos públicos para que se interesaran por eles, estes, simplemente, e como se di de forma coloquial, pasaron olimpicamente.

 

Ler Artigo Completo