16 Xullo 2019. O grupo Def Con Dos formará parte do programa das festas do San Froilán de Lugo. En declaracións aos medios de comunicación, a edil responsable da área de Cultura, Maite Ferreiro, do BNG, precisou que a inclusión deste grupo nas festas responde a que Lugo ofrece un "espazo para a liberdade de expresión e para a diversidade". Ademais, haberá descontos en medios de transporte para viaxar a Lugo dende Madrid, onde se anulou o concerto previsto por unha decisión do novo alcalde Almeida (PP).

 

Ler Artigo Completo