30 Abril 2019. O colectivo A Rula e Daniel González Alén, cronista oficial do Deza, deron conta onte da localización de oito novas estacións de arte rupestre na parroquia de Santa María de Cortegada, no concello de Silleda.

 

Os achados supoñen a ampliación do número de paneis de estacións xa coñecidas como A Espiñeira 1 e novas estacións na paraxe coñecida como Castelao, nos que sobrancea unha posible alabarda (unha arma representada noutras estacións da Idade do Bronce en Galicia). Os petróglifos e a súa localización poden ser consultados na web do colectivo A Rula

Ler Artigo Completo