4 Outubro 2018. O obxecto astronómico 2015TG38 máis coñecido como Goblin é un novo planeta anano do sistema solar situado na lonxana nube Oort máis alá de Plutón.

 

Goblin é un planeta anano con 300 Km de diámetro e forma esférica e por tal motivo foi oficialmente aceptado como Planeta Anano e descartado como asteroide. A teoría dos planetesimais elabora un modelo para explicar a condensación do gas espacial en anacos cada vez maiores de materia ate chegar aos planetas e ás estrellas.

Según esta teoría de formación dos asteroides e planetas, a máis aceptada actualmente, os asteroides, cun tamaño que vai dende metros a Kilómetros, vanse agupando en oxectos cada vez maior diámetro pola forza da enerxía da gravidade. Chegados a un tamaño de centos de kilómetros a propia forza da gravidade ocasiona que os obxectos vaian acadando cada vez unha maior esfericidade e é este o criterio que determina que falamos dun planeta anano.

Goblin ten un diámetro de 300 Km e está catalogado como un obxecto transneptuniano extremo posto que está situado a 80 unidades astronómicas do sol (unidade astronómica=distancia entre a terra e o sol), namentres que Plutón (tamén considerado agora pleta anano) está "tan só" a 34 unidades astronómicas da terra.

 

Ler Mais