
13 Setembro 2019. Gonzalo Pérez Jácome, agora alcalde, dono dun comercio de instrumentos musicais e dun canal de televisión local, Auria TV, que dende hai anos transmite en bucle os seus discursos políticos e os plenos municipais, leva anos arremetendo contra funcionarios, sindicatos e Policía Local. E con esta última parece terse enredado nunha especie de xogo do gato e o rato.
Read more ...

12 Setembro 2019
Read more ...

12 Setembro 2019. O número de alumnos matriculados caeu a case a metade nas últimas dúas décadas. As queixas das tres universidades públicas pola falta de financiamento son constantes desde hai anos. A pesar diso, a Xunta de Galicia apoia o lanzamento da universidade privada de ABANCA, que supón outro golpe ao sistema público, en primeiro lugar para a Universidade de Vigo.
Read more ...

12 Setembro 2019. Enfermeiras en Loita Monforte, uníndose ás reivindicacións do colectivo a nivel de Galiza, anuncia unha concentración para o vindeiro 12 de setembro ás 12:00 h. diante do Hospital Comarcal de Monforte. A mobilización realizarase en centros de saúde e Hospitais de Galiza, como xa vén sendo habitual cada 12 de cada mes dende hai varios meses.
Read more ...

12 Setembro 2019. ADEGA e a Plataforma Salvemos o Iribio (integrada por máis de 20 organizacións) ven de presentar alegacións ao proxecto da Xunta para a criazón da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel. Dende estas organizacións apoian sen fisuras a proposta de Reserva da Biosfera e rexeitan proxectos destructivos cos valores naturais que propician a declaración.
Read more ...

11 Setembro 2019. “Cando eu empecei non había ninguén máis que botara fabas nesta zona. Empezei con 27 anos cunhas pouquiñas e hoxe teño 74. Levo toda a vida plantando fabas”, conta Teresa Recalde, de fabas O Pontigo, unha voz autorizada para facer un repaso pola historia deste cultivo que conta con Indicación Xeográfica Protexida propia.
Read more ...

11 Setembro 2019. Juan Pérez Miramontes, ex-presidente de Xóvenes Agricultores, era habitual do círculo máis próximo a Mariano Rajoy nas súas vacacións nas Rías Baixas e durante anos foi soporte do PP na política agraria, ata que crebou Xóvenes Agricultores.
Read more ...

11 Setembro 2019. Un total de 21 núcleos de poboación de toda Galicia, que corresponden a unha vintena de concellos, amosaron xa o seu interese por converterse en aldeas modelo fronte os incendios forestais. Osmo, no concello ourensán de Cenlle, foi declarada como a primeira aldea modelo de Galicia, e unha vez feita a tramitación previa e conseguida a autorización de todos os propietarios, empezan agora os labores de limpeza.
Read more ...

10 Setembro 2019. O horizonte xudicial para o Partido Popular complícase. Ás recentes imputacións de ex altos cargos da formación como Esperanza Aguirre, Cristina Cifuentes e Ignacio González, súmase a iniciativa de Izquierda Unida, que exerce a acusación popular no caso Púnica, de volver a pedir ao maxistrado da Audiencia Nacional Manuel García Castellón que cite como investigado ao partido que preside Pablo Casado.
Read more ...