
20 Novembro 2018. A Illa de Santa María no arquipélago dos Açores (Portugal) será o primeiro porto espacial europeo que ademais estará centrado no lanzamento de microsatélites. Deste xeito, o porto espacial dos Açores espacializarase en pequenos satélites mentras que Kourou (Guaiana Francesa) será o lugar de lanzamento dos de maior tamaño.
Read more ...

20 Novembro 2018. Despois de dous anos agonizando parece que está vez non haberá reanimación. A minería de carbón no Berzo morre despois dun século co seu último latexo no pozo Salgueiro, a última mina activa na comarca que este venres bota o peche e pon o punto final a unha época, que xa se vive con morriña nas cuncas mineiras.
Read more ...

18 Novembro 2018. Artigo de opinión de Enrique Dans sobre Facebook e as súas recentes reaccións contra as "fake news" e o escándalo de datos de Cambridge Analítica. O artigo presenta abundante información adicional mediante enlaces interesantes tal é como é habitual nos artigos sobre tecnoloxia de Enrique Dans.
Read more ...

18 Novembro 2018. "Pretendemos democratizar a posibilidade de ter coche eléctrico". Con esta frase, que se repite con variacións nos vídeos promocionais cos que Endesa lanza a súa nova líña de negocio, presentouse este venres Josep Trabado, director xeral de Endesa X, a estratexia para instalar más de 108.000 puntos de recarga para vehículos eléctricos nos próximos cinco anos.
Read more ...

17 Novembro 2018. O World Energy Outlook 2018 é o informe anual da Axencia Internacional da Enerxía (International Energy Agency-IAE) para avaliar o estado actual e as tendenzas recentes sobre a enerxía no mundo. Neste ano destácase a toma de importancia gradual pero constante das enerxías renovabeis (eólica-solare hidráulica) no mix enerxético mundial.
Read more ...

16 Novembro 2018. A concelleira de Medio Ambiente, María García, recibiu esta mañá á Pajarita azul, un distintivo que viaxa entre as cidades que acadaron o máximo recoñecemento nos premios Pajaritas Azules 2018, que a Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón outorga aos municipios pola súa excelencia na xestión da recollida selectiva de papel e cartón.
Read more ...

11 Novembro 2018. O Coordinador Xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi, propón, nunha entrevista no diario Gara, unha alizanza de Galegos, Cataláns e Bascos, fronte ao Estado que cre que é a maneira de manterse unidos.
Read more ...

9 Novembro 2018. Artigo de opinión xurdido na propia rede social agregadora de novas "Menéame". O artigo describe o empeoramento desta rede social dominada agora redes de bots, multinicks, racistas, antifeministas, fascistas e intereses de empresas e políticos varios, incluído ao actual propietario que á súa vez o é de Forocoches.
Read more ...

9 Novembro 2018. Glovo, a aplicación móbil e web que che permite pedir encargos de terceiras empresas é un entramado legal no que os seus traballadores teñen contratos de falsos autónomos, teñen que adiantar pagos de material propio da empresa, non cobran un salario fixo (nin mínimo)...
Read more ...