
10 Xaneiro 2019. A autoestrada AP-53 que une Compostela e o Alto de Santo Domingo (Dozón) ten algunhas das peaxes máis elevadas do Estado. O treito entre Santiago e Lalín (55 quilómetros) ten un prezo de seis euros e tan só o percorrido entre Silleda e Lalín (13 quilómetros) custa 2,45 euros. Porén, a moitos e moitas usuarias desta autoestrada estívoselles cobrando unha cantidade aínda maior, cando menos neste treito entre Lalín e Silleda ou entre o Alto de Santo Domingo e Lalín.
Read more ...

9 Xaneiro 2019. As horas extras non paran de medrar en España. De feito, no último trimestre traballáronse unha media de 6,8 millóns de horas extras á semana. Nunca se chegara a estes níveis na última década. Pois de todas estas horas traballadas, non se abonaron o 44%. Nin sequera se compensaron con días de vacacións.
Read more ...

9 Xaneiro 2019. O partido dos "cuñados", Ciudadanos, continúa a recabar apoios entre os restos de políticos fracasados de PSOE e PP. A súa oferta non para de engrosar as filas con cuñados de ralea como Francisco Vázquez, ex-alcalde socialista, pero de ideas mojigatas e reaccionarias e, agora...
Read more ...

8 Xaneiro 2019. Cando Roberto García Soutullo chegou en 2012 á Escola de Náutica e Máquinas da Coruña, viu que tería que facer un esforzo extra para poñerse ao nivel de coñecementos dos seus compañeiros, case todos con aprendizaxe previa no sector ou ben de familias moi vinculadas ao mar.
Read more ...

6 Xaneiro 2019. Sorprendente, efectivamente a peaxe máis cara de Europa é a AP-9. Ir e voltar dende A Coruña ate Vigo sae por 32,8 €. Audasa convertiu a súa renovación da concesión por non construir nada na máis cara do estado español e de europa tra-lo 31 de Decembro ao subir (o dobre da media) un 3,51% dunha soa tacada.
Read more ...

5 Xaneiro 2019. Loki Patera, na lúa Ío, unha das lúas de Xúpiter, emite máis calor que todos os volcáns terrestres activos xuntos. Un dato que nos fai lembrar que a Terra non é o centro do universo.
Read more ...

4 Xaneiro 2019. Extenso artigo que recopila 17 casos de manipulación informativa, fraude electoral e tácticas de guerra suxa empregadas na campaña por Jair Bolsonaro co altavoz dos medios afíns e branqueadores. Esta serie de fraudes están destinados a manipular a opinión pública e contaron co asesoramento clave do director da campaña electoral de Donald Trump, e máximo implicado no escándalo de Cambridge Analytica, Steve Bannon.
Read more ...
3 Xaneiro 2019. Artigo de opinión de Manuel Martín García para Nueva Tribuna no que se repasan as medidas privatizadoras de servizos no Servizo Galego de Saúde (Sergas) e as actuacións destinadas ao recorte do persoal sanitario que conleva un aumento das listas de espera para reducir a calidade da sanidade pública e así xustificar privatizacións en base ao mal funcionamento inducido. Unha estratexia contra a xente que costa vidas e sufrimento e debe rematar cun xuizo aos responsábeis e cunha condena da sociedade.
Read more ...

3 Xaneiro 2019. En pouco máis de 7 meses Xornal de Lemos conquistou aos lectores de información dixital, o mesmo que seus socios Lugo Xornal e Xornal da Mariña. Pola súa banda, Galicia Confidencial, seu socio de ámbito autonómico confírmase como líder da prensa en galego e terceiro xornal de Galiza.
Read more ...