
23 Setembro 2019. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) pediu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a paralización das obras do parque eólico Serra do Oribio (Lugo), unha medida cautelar que acompaña a un recurso contencioso-administrativo contra unha decisión na que a propia Xunta "denegou" suspender o proxecto.
Read more ...

22 Setembro 2019. O alto volume de xurros que xeran as ganderías intensivas da Limia teñen complicado encaixe na comarca, unha situación que se foi capeando ata que o problema saltou a Bruxelas, onde a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea recibiu a finais do 2018 unha denuncia pola contaminación por nitratos na Limia.
Read more ...

22 Setembro 2019. O avance da CIG non só é a nivel nacional. En comarcas como Vigo, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Compostela é primeira forza con porcentaxes superiores, ou de arredor do 30%. Tamén na Administración pública, na construción, na sanidade, na industria, no ensino público ou no sector servizos.
Read more ...

22 Setembro 2019. O Servizo de Medio Ambiente do Concello de Monforte procedeu á retirada de 3 niños de Vespa velutina tras a súa localización, na mañá do venres 20 de setembro, no Parque López Suárez desta cidade.
Read more ...

22 Setembro 2019. Facebook, Twitter e Instagram denuncian que o PP operou ate 359 contas falsas nestas plataformas para difundir contidos favorables aos seus intereses. Esta táctica, coñecida como astroturfing, baséase en camuflar a propaganda como un movimiento surxido dende abaixo cando en realidade son contas con respostas automáticas sen persoas reais detrás.
Read more ...

21 Setembro 2019. A Comisión Especializada, composta polos sindicatos, convocou onte unha concentración diante do Hospital Público Xil Casares para denunciar que co traslado da unidade de paliativos para o Hospital Provincial perderanse camas e haberá unha afectación do persoal.
Read more ...

21 Setembro 2019. A historia do picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus) lembra moito á da velutina, outro insecto que veu para quedar, e deixar pegada, no territorio galego. Desde que en 2013 (o mesmo ano no que chegou a vespa asiática) se detectara en Gondomar, o seu avance vai deixando tras de si unha longa lista de vítimas nas palmeiras, especialmente as especies das Canarias (Phoenix canariensis), e datileiras (Phoenix dactylifera).
Read more ...

21 Setembro 2019. Ten sentido que a emisora pública seleccione como tertuliana a unha Valedora do Pobo que, segundo probou a Xustiza, enchufou á sobriña de Manuel Fraga? Isto é o que se pregunta o Bloque, tras coñecer que a polémica Milagros Otero volve aos faladoiros matinais da Radio Galega.
Read more ...

20 Setembro 2019. O programa "Al Rojo Vivo" de la Sexta volve un e outro día máis a actuar como un "cabalo de Troia" que en realidade pertence á dereita española. O seu presentador e directivo da cadea propiedade de Antena 3, Antonio García Ferreras, continúa na táctica de dinamitar sen pudor calquera negociación para un pacto de goberno de esquerdas, xa non é a primeira vez que o fai xa que foi un dos protagonistas da trama das "cloacas do estado", recordar a historia está ben para que non repetila. Tamén esquecen citar que a ex-alcaldesa Carmena non se presentará.
Read more ...