3 Outubro 2019. Unha ruta en coche entre a cidade portuguesa e a galega con paradas en manantiais termais, a adega de Roberto Verino e un balneario do arquitecto Álvaro Siza son algún dos seus atractivos.
3 Outubro 2019. Unha ruta en coche entre a cidade portuguesa e a galega con paradas en manantiais termais, a adega de Roberto Verino e un balneario do arquitecto Álvaro Siza son algún dos seus atractivos.
1 Outubro 2019. No 2014, os países da UE non tiveron máis remedio que agocharen a cabeza e aceitaren –moi relutantamente– o referendo sobre a independencia da Escocia.
Hoxe Domingo 29 de setembro 2019 aparece publicada en "La Voz de Galicia" unha enquisa de Sondaxe, que pretende ser a primeira en reflexar os votos do recén formado partido de Iñigo Errejón finalmente chamado Más País despois de intensos debates internos. Esta enquisa foi feita entre o 23 e 26 de setembro. Sen embargo cando se fixeron as supostas entrevistas o partido de Errejón aínda non tiña nome. Como é posible que alguén votara por un partido sen nome coñecido?.
29 Setembro 2019. O concello ourensán de Allariz acaba de presentar os menús e tapas que ofrecen máis de 20 establecementos hostaleiros que participan na oitava edición das Xornadas de Carne de Boi de Allariz e que se desenvolverán ata o 13 de outubro.
28 Setembro 2019. Os castiñeiros centenarios son, para Santiago Pereira, “auténticos monumentos vivos”. Uns seres que xa medraban cando o mundo era moi distinto ao de hoxe e que, por tanto, nos poden contar moitas cousas sobre centos de anos atrás. Pereira, catedrático da Escola Politécnica Superior de Lugo, dirixiu xunto ás investigadoras Ana Ramos e Belén Díaz a investigación que acaba de ser recoñecida co Premio Ernesto Viéitez 2019, un galardón outorgado pola Real Academia Galega de Ciencias.
28 Setembro 2019. O Consello de Administración de Endesa vén de aprobar “promover a discontinuidade da produción das súas centrais térmicas de carbón na Península, de conformidade cos trámites e procedementos legalmente estabelecidos e avaliar opcións de futuro nestes emprazamentos”, segundo un feito relevante enviado á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
28 Setembro 2019. Capitaneadas por mozas e mozos, as manifestantes corearon consignas contra o capitalismo e a favor de cambios lexislativos que posibiliten mudar o contexto de emerxencia climática. As marchas máis numerosas foron a de Compostela, que partía pasadas as 19.30 horas da praza do Matadoiro baixo o lema “Unidade polo futuro”, e a de Vigo, que o facía media hora após desde Vía Norte.
27 Setembro 2019. Os 389 enquisados galegos do último estudo do CIS situaron aos socialistas como a súa elección predilecta no referido á intención de voto. O PSOE ten un apoio en Galiza do 30,6%, case o dobre de intención de voto que o PP, o seu inmediato perseguidor, que conta cun apoio do 18,5%.
27 Setembro 2019. Co gallo do Día Internacional da Muller Rural, a Área de Muller e Igualdade do Concello da Pastoriza, propoñemos visibilizar a través da fotografía as nosas mulleres rurais, as do noso concello. Hai moitas profesións que definen a muller rural do século XXI: labregas, gandeiras, enxeñeiras, economistas, veterinarias, mestras, coidadoras, de diversos oficios e profesións..